Tapas e racións de comida caseira, que os fins de semana combina con marisco. Boa comida e viños do país e doutras denominacións. Un dos bos sitios para tomarte unhas tapas ou racións entre outras, o polbo galego, xamón asado ou luras fritas, tortilla, ensaladilla, etc.
En tempada tauriña, un magnífico touro de lida estofado.
Un lugar onde se poden degustar as súas exquisitas tapas ou racións de comida típica galega de primeira calidade.
Todos os dias realízase a compra dos produtos frescos no Mercado de Abastos de Pontevedra, podendo deste xeito, dispoñer dos mellores manxares de cada tempada.
Lugar para poder gozar dos partidos de fútbol, acompañado dos seus bos caldos ou cervexas e as súas riquisimas tapas.
Dipón de aparcadoiro propia fronte ao establecemento.