A Festa da Lamprea de Arbo celebrarase os próximos días 22, 23 e 24 de Abril. Todos os asistentes a este evento gastronómico terán a oportunidade de degustar este exquisito manxar, elaborado de diferentes maneiras, e gozar coas actuacións de grupos folclóricos e orquestras do momento. Está declarada Festa de Galicia de Interese Turístico de Galicia.
Arbo é un municipio pertencente á provincia de Pontevedra. É coñecido polos seus viños, tanto brancos como tintos, e pola lamprea, que forma parte da gastronomía tradicional deste pobo. O Municipio de Arbo celebrará este próximo fin de semana a LVI edición da Festa da Lamprea de Arbo. Os amantes deste típico manxar terá a oportunidade de degustala en distintos formatos; en empanada, seca ou rechea, ademais a Festa contará con pasacalles, distintas actuacións e concertos de folk e orquestras, ademais haberá distintas exhibicións e grupos de baile da zona.
Festa da Lamprea de Arbo 2016, Festa de Interese Turístico de Galicia.
As peculiaridades da lamprea é a forma artesanal en que se realiza a súa pesca, na cal se utiliza a rede e as denominadas pesqueiras; construcións de pedra desde onde os pescadores usan a súa rede cónica, rede que data do século Xll. A razón do uso da rede cónica é moi sinxela: evitar a perda de sangue da lamprea na súa captura e que desa forma non perda sustancia.